terça-feira, 2 de julho de 2013

Visita á Catedral de Compostela

Esta segunda-feira, após de coñecer ao alumnado portugués que vai pasar este mes con nós (Ana, Sara, Ana, Daniela, Rafael e o Oleh) -e ao seu profesor Jorge Carvalho-, fixemos unha visita á catedral de Compostela -na que nos acompañou a profesora Dolores-.
Entramos polo Pórtico da Gloria, rodeamos a nave central, visitamos a tumba do apóstolo e mesmo abrazamos ao "santo"... mas acho que do que máis desfrutaron foi da camiñada polos tellados do templo, onde tivemos tempo para botar unha ollada desde o alto á cidade.
Este é un bo lugar para comezar unha estadía en Compostela.

Sem comentários:

Enviar um comentário