sexta-feira, 5 de julho de 2013

Paseando polo Sarela

Esta sexta feira volveu ser un día caloroso (insufríbel por momentos), por iso fomos pasear polo río Sarela.
Foi preciso facer paradas constantes para beber, refrescarse e recuperar folgos para seguir adiante.
Finalmente optamos por voltar á cidade e deixar para outro día o resto do camiño. Rematamos a xornada na praza de abastos, haberá que volver pola mañá para vela funcionar. Ah, e fixemos a imprescindíbel foto coas dúas Marías.

1 comentário:

  1. Hoxe querían ir ás piscinas do Sar.
    "Entre o Sar e o Sarela, Santiago de Compostela" :-)

    ResponderEliminar