quarta-feira, 3 de julho de 2013

Correndo pola Corunha

Hoxe fomos até a Corunha para que o alumnado português coñecese un pouco máis do noso país (alén da súa capital), e para iso collimos o tren.
Non sabían o moito que ían andar...
Coitadinh@s! Após dumha primeira carreira desde a estación fixemos unha breve parada para o "almoço" (xantar para @s galeg@s).
E desde alí correndo a visitar a María Pita e a súa praza...
Logo fomos "a fume de carozo" a rendirlle visita ao Breogán e á torre de Hércules, era imprescindíbel.
E tod@s rematamos derrotad@s pola calor, a distancia e o pouco tempo que tiñamos, mais coido que pagou a pena.

1 comentário: